Páginas

26 octubre, 2014

Ruta da Marronda

O pasado domingo día 19 uns 30 camiñantes participaron na saída que o club organizaou por terras de Baleira, concretamente para percorrer a PR-G 152. Unha ruta fermosa en todo o seu percorrido, pero dunha esixencia media alta dende o comezo ata o final. 
Facendo unha parada para visitar a area recreativa de cortovella, dita area encontrase case  case no medio do percorrido,e dende o fermoso mirador poder contemplar as loucuras que as administracións fan nos montes (desta volta vemos un ascensor no medio do monte). tamén contemplamos unha estatua que vixia dende o alto da rocha custodiada polo seu fiel compañeiro, (o can).
Fixemos unha parada técnica para repoñer forzas, e a camiñar de novo río arriba ata chegar o autobús que nos trouxo de volta a casa.
Xa estamos a traballar na seguinte para desfrute de todos, esta será polas Fragas do Eume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario